O PSOE de Múxía emitía este xoves un comunicado afirmando que entre outras reclamacións, incidirá en que se volvan aos plans de conciliación da Concelleira socialista Olalla Benlloch, donde o servizo non se repercutía nas familias e ao mesmo tempo, non había listaxe de espera nin merma da calidade do campamento, dándolle as familias un programa de conciliación real.
“Pasamos en pouco máis de un ano de ter o campamento de conciliación máis barato para as familias a ser o máis caro da Costa da Morte” lamenta o portavoz socialista en Muxia, Iago Toba, pois o certo é que dos cero euros que se pagaban na tapa de goberno socialista, pasouse a impoñer uns prezos que rozan os 300€ actuales por usuario gracias ao voto favorable de BNG, PP e INDEPENDENTES e en contra dos 5 concelleiros socialistas.
Segundo estos últimos, levan moitos meses avisando de que esta situación iba a ser unha realidade, cando o goberno negaba a evidencia. Agora din que o tempo, como sempre lles da a razón. O goberno xa anunciou a obligatoriedade de pagar por poder asistir aos campamentos de conciliación con prezos que se descubren como os máis altos dos concellos da contorna.
Ante esta situación, os socialistas anuncian que darán a batalla para defender os intereses dos veciños e veciñas de Muxía, e intentar conseguir a eliminación do “taxazo” en conciliación que o goberno actual de Javier Sar acaba de impoñer comezando unha serie de iniciativas co fin de que se volva aos plans de conciliación da época da concelleira socialista Olalla Benlloch donde estos campamentos eran gratuitos para as familias e ademáis estaban organizados de tal xeito que ningún usuario quedou fora dos programas que durante os anos de goberno de Iago Toba executaron, non mermando en calidade nin en duración.
“Unha familia media con dous fillos en idade de acceso a campamento tería que abonar un importe de 600€ para conciliar, feito que consideramos un auténtico despropósito, e un machetazo ao bolsillo das familias muxianas, que xa viron como subiu a auga e outros servizos municipales de maneira inxusta e desproporcionada”.
O PSOE REPROCHA A COLABORACIÓN NECESARIA DO BNG PARA ACTIVAR O “TAXAZO”
O certo e comprobable é que esta situación coa que se encontran as familias foi posible gracias ao voto favorable do BNG de Muxia á proposta de PP e INDEPENDENTES para cobrar os campamentos de conciliación no último pleno. En esa sesión, os socialistas xa denunciaban a complicidade e coordinación dos tres grupos para que a iniciativa saíse adiante sen dificultade, demostrando a hipocresía desmesurada do BNG local, que critica ao PP pero vota con el perxudicando aos nenos e nenas do municipio de maneira directa. Os cinco concelleiros socialistas que forman o Grupo municipal manifestaronse con un rotundo voto negativo a esta iniciativa.
Esta situación vese agravada polo feito en que en un anterior pleno celebrado, nun exercicio insólito e inexplicable de acción política, o BNG votou a favor de delegar na Xunta de goberno local, formado unicamente por membros do goberno, a imposición de prezos públicos sen necesidad de pasar por pleno, e por tanto privándolle a oposición a posibilidade de votar en contra de accións como a que está pasando co campamento. “A señora Mercedes Barrientos Varela e o BNG son os que teñen que explicar o motivo polo que venderon deste xeito tan descarado aos veciños e veciñas de Muxía”, conclúen.