O PSOE de Muxía critica a promoción da vila en Fitur no 2025

Os socialistas muxiáns veñen de manifestarse incrédulos, segundo definen, ante o que se confirmou como o ‘descubrimiento da mentira que presentou o actual goberno da moción de censura en Madrid no ano 2025’, máis concretamente no foro nacional máis importante e un dos máis importantes a nivel internacional do sector turístico como é Fitur.

Os socialistas recordan que o alcalde Javier Sar e a tenente alcalde Sandra Vilela acudiron a Madrid para presentar un suposto programa novidoso que se celebraría en Muxía ao longo do 2025 chamado “Percibe Muxía” que resultou ser unha gran mentira.
Os socialistas critican que este programa consistía únicamente nun folleto sen nada detrás: non existía data, non existía programa, non existían actividades, non existía ubicación, non existia financiación, non existían acordos co sector percebeiro, nin acordo co sector turístico local entre outros aspectos máis.
O suposto evento nunca se chegou a realizar, nunca se deu explicación nin se pediu desculpas por parte do goberno ao conxunto da veciñanza.
Isto, considera o grupo municipal socialista, ‘non é máis que un engano ao sector turístico nacional e internacional, que causa desprestixio ao nome de Muxía, ás suas xentes e ao sector turístico local’.

“Temos un goberno que non fai máis que desprestixiar o noso municipio en todos os eidos que tocan. Non se pode ir a Fitur con unha mentira” lamenta Iago Toba que recorda os anos nos que representou a Muxía e esta contaba con programación propia, participación en foros, presencia propia no stand máis importante como o de Turespaña coa asistencia de Ministros e secretarios de estado do ramo e turoperadores especializados.


Os socialistas afirman posuir acreditada documentacion que reflicte o total desinterés do goberno por sacar adiante un evento de posta en valor da cultura e gastronomía do municipio, non atendendo por parte do goberno local os requerimentos de documentación de organismos finaciadores e que si é necesario os socialistas mostrarán publicamente, conclúen.

Related posts

O PSdeG esixe unha ‘reforma integral’ do colexio Labarta Pose de Zas

A Asemblea Aberta do Profesorado do IES Eduardo Pondal de Ponteceso súmase aos «martes en loita»

Adxudicado o proxecto para reducir as infiltracións na rede de saneamento da Laracha