O PSOE de Muxía demanda que o goberno local solucione os problemas de limpeza e conserxería nos colexios

Foto: Reunión entre o Deputado e portavoz provincial dos socialistas Bernardo Fernandez Piñeiro e os concelleiros de Muxía Iago Toba (portavoz) e Felipe Vilela nas dependencias da Deputación da Coruña.

Este xoves celebrouse unha importante reunión nas dependencias da Deputación da Coruña entre o Portavoz e deputado socialista, á súa vez secretario xeral provincial do PSdeG de A Coruña Bernardo Fernandez Piñeiro e o portavoz muxián socialista Iago Toba Campaña, que foi acompañado do concelleiro Felipe Vilela.


O deputado provincial recibiu aos representantes locais para tratar unha problemática que leva tempo causando un grave perxuicio aos alumnos e alumnas dos tres centros de ensino muxiáns, segundo din, «pola decisión en agosto do goberno de Javier Sar co apoio de PP e BNG de rescindir o contrato vixente en limpezas e conserxería dos centros de ensino que deixara listo o anterior goberno de Iago Toba, feito que provocou unha merma importante na calidade dos servizos dos colexios».

Os socialistas muxiáns, na boca do seu portavoz xa denunciaron antes do comezo do curso escolar, que esta situación non podía consentirse, presentando unha moción para levar a pleno no que se pedía a contratación de limpeza e conserxería, ante o «engano da portavoz popular» que afirmaba que tales acusacions eran mentira. Agora, co curso en marcha, pais e nais ven como o tempo dou a razón aos socialistas e trasladaron a preocupación novamente ao equipo de Iago Toba.

Na reunión Iago Toba transmitiu ao deputado a intención de pedirlle ao goberno local tripartito de Muxía que adique parte dos recursos que novamente serán enviados dende a Deputación a Muxía, aproximadamente 250.000€, a solucionar o problema de limpeza e conserxería así como a obras ambiciosas que beneficien á veciñanza de Muxía.


“Ao final, ten que ser a Deputación da Coruña en mans dun Presidente socialista, Valentin Gonzalez Formoso e o Portavoz local Iago Toba, os que lle solucionen os problemas ao goberno saído da moción de censura, en beneficio dos veciños e veciñas de Muxía”, afirmou ao remate da reunión o portavoz local muxián.


“Esixímoslle ao goberno da moción de censura de Javier Sar e Sandra Vilela que se deixen de “festas e lupandas” e que adiquen os cartos que envia a Deputación a solucionar os problemas reais dos muxians e muxianas.” Especificou Iago Toba Campaña, que engadiu que “na etapa na que gobernamos nós, os cartos do Plan de Obras e Servizos (POS) eran nun 95% adicados a obras nos núcleos rurais e no propio núcleo muxián.”

Related posts

Ampla programación para conmemorar o Samaín na Laracha

O PSdeG de Coristanco critica a ‘improvisación e o engano do goberno do PP’ sobre os problemas reais da parroquia de Verdes

Aspaber rendeu homenaxe a Evencio Ferrero “polo seu compromiso social como alcalde de Carballo”