Os socialistas teñen claro que o último pleno celebrado este xoves, foi a certificación definitiva de que «as mentiras do executivo local non teñen máis recorrido despois do sucedido», din. Na orde do día, donde si estaba incluído un punto sobre o gasto de remanente na súa maior cantidade en festas que saiu adiante co voto do goberno de coalición, non estaban duas cuestións importantes que afectan a moitas familias muxianas nun eido importante como o da educación. O executivo local, apoiado por BNG na súa decisión, optou por non incluir duas mocions presentadas polo grupo municipal socialista en tempo e forma para darlle voz as familias e anpas que así o acordaron nunha das varias reunions que o portavoz socialista tivo con todas estas como parte das accións a levar a cabo.
Esta situación, incomodou ao equipo socialista porque o consideraron unha gran falta de respeto hacia unhas personas que están loitando para conseguir mellorar as deficiencias e recortes educativas que tanto o goberno autonómico como o municipal están a realizar nos centros escolares muxiáns.
Ante este feito, os socialistas decidiron como próxima acción, denunciar ao goberno local presidido por Javier Sar ante a Valedora do Pobo por non ter incluidas esas duas mocións como parte do impedimento de fiscalización que a oposición ten dereito a exercer sobre o goberno, máis cando se tratan de rapaces e rapazas en idade escolar os afectados e afectadas.
Ademáis na denuncia ante a Valedora do Pobo incluirase unha segunda queixa sobre o sistema de convocatoria de plenos do goberno de Sar, pois xa van varios ordinarios que non se celebran sen previo aviso, tal e como se acordou no pleno de organización e os extraordinarios veñen sen caracter de ordinario incluindo mocións e rogos e preguntas, incumplido a lei que o obriga.
“Sabemos que o goberno de coalición de Javier Sar está cada vez máis arrinconado, desgastado e se lle desmontan todas as mentiras, pero eso non pode ser excusa para que teña que cumplir coa lei e responder alto e claro ás suas obligación como alcalde, pois é a súa responsabilidade estar ao servizo da veciñanza e non esconderse e estar ausente”. Lamenta o portavoz Iago Toba.
“O ULTIMO PLENO, O DO DESENMASCARAMENTO DA GRAN MENTIRA DO GOBERNO: O CONCELLO DE MUXÍA NON ESTA INTERVIDO ECONOMICAMENTE”
Neste pleno, tamén se tratou sobre o gasto con remanente para pagar festas, algo que o executivo sempre negou que se puidese empregar calquera cantidade para nada porque segun decían os membros do goberno e o BNG, o concello estaba intervido. Ante o que os socialistas consideraron oportuno aclarar as afirmacions que durante toda a etapa de goberno de Javier Sar se viña decindo pola sua parte.
Nun dos puntos, o portavoz socialista instou á interventora municipal a aclarar se o concello de muxía estaba intervido, respondendo esta de forma negativa, especificando ademáis que “neste concello non hai nin houbo ningunha notificación de que o concello esté intervido economicamente”, afirmación que deixou ao goberno de coalición descolocado e desarmado, pois acababase de desmontar a gran mentira coa que estiveron difamando ao anterior goberno nos últimos meses para esconder a incapacidade de xestión e de administración do concello para darlle respostas con feitos á veciñanza. “Sempre se escudaban ante a veciñanza decindo que non podían facer nada porque estaban intervidos, acusación que quedou completamente aclarada coa toma de palabra da interventora municipal a instancia nosa” explica o portavoz do Psoe Iago Toba Campaña.