Segundo os socialistas, a última ocorrencia do goberno de Javier Sar está a causar gran balbordo na sociedade muxiá, pois o anuncio da adquisición dun vehículo eléctrico de alta gama mediante a subvención do fondo de compensación ambiental de 57.000€ é algo que os veciños consideran un malgasto dos recursos económicos do Concello de Muxía.
No grupo municipal socialista tamen critican que adiquen os recursos económicos dunha das poucas subvencions con amplas posibilidades de obxetivos a algo tan “pouco ético, estético e funcional” como a compra dun coche de alta gama sen funcións específicas. Pois recordan que co goberno anterior liderado por Iago Toba, adicouse esta mesma liña de subvención a adquisición de elementos de gran utilidade para a veciñanza como un camión de recollida de voluminosos do Punto Limpo, unha pala retroexcavadora, a renovación de puntos de luz en edificios municipais, etc.
Iago Toba, denuncia que “aquí, nestas accións, son donde se ven as diferenzas entre equipos de goberno e as súas prioridades: uns pensamos nos veciños e en como mellorar o rural e outros pensan en comprar vehículos eléctricos de alta gama, cando en todo municipio non existe nin un punto público de recarga deste tipo de vehículos e donde existen núcleos onde son frecuentes as averías durante semanas do propio alumeado público ou de telecomunicacións básicas como internet ou telefonía”.
O PSOE conclúe reclamando que «este goberno se deixe de liortas internas, se coordinen mellor e se centren nas necesidades dos veciños e empregar os recursos municipais en accións con dous dedos de frente, xa que despois intentan lanzar a mensaxe de que teñen que cobrar campamentos de conciliación e outros servizos por falta de recursos, cando se demostra con datos obxetivos que é totalmente falso».