O PSOE de Muxía tilda de ‘ataque arbitrario’ da oposición polo uso dunha furgoneta municipal

1 minutes read

Ante os ataques por parte da oposición pola presencia dunha furgoneta municipal, este sábado, na churrascada de apertura da campaña electoral socialista de Muxía, o PSdG-PSOE de Muxía “non entende este ataque arbitrario e froito do nerviosismo” e aclara que “o vehículo prestaba labores de transporte e recollida de contedores de lixo, así como para instalar mangueiras para dar servizo ás máis de 700 persoas que pasaron o pasado sábado pola carpa da Baiuca”.

“O camión solicitouse ao concello, como se fixo en moitas outras ocasións para diferentes asociacións, partidos políticos ou quen precise o servizo e o solicite”, engaden.

Pola súa banda, o candidato á alcaldía de Muxía, Iago Toba, aclara que “aínda que algúns queiran pintalo así, isto non é nada novo xa que se leva facendo moito tempo para outros eventos ou mitins da mesma índole. Agora parece que a oposición quere acudir a calquera cousa para atacarnos e desestabilizarnos, como levan facendo estes catro anos, pero nós non imos entrar en guerras nin en xogos sucios. Nós seguimos pensando en positivo, escoitando á veciñanza e traendo novos e ambiciosos proxectos para mellorar a nosa Muxía”.

“Parece que molesta ou que pon nervioso que a candidatura dos imparables acolleran a máis de 700 persoas para vivir un día festivo, en alegría e escoitando os temas que preocupan á veciñanza. Pero nós non imos a deixar de contar toda a verdade, nin a amedrentarnos por estes ataques inxustificados”, conclúe.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?