O PSOE de Ourense denunciou o ‘continuado uso ilegal’ dos coches oficiais da Deputación

O Partido Socialista de Ourense presentou unha denuncia ante a xustiza polo que consideran «continuado uso ilegal e irregular» dos coches oficiais da Deputación de Ourense que habitualmente conduce o presidente provincial, Manuel Baltar. Os socialistas, co seu secretario provincial en Ourense e candidato en San Cibrao das Viñas, Rafael Villarino, adoptaron esta decisión ante o que ven como un «carrusel de irregularidades» coñecidas durante as últimas semanas ás que, segundo sinalan, Baltar contestou «unicamente con máis mentiras e máis falsidades». As multas impostas á muller e filla do chofer do presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, polo uso dun Audi A-6 que se atopa ao seu servizo como xefe máximo da Deputación levaron a institución a iniciar unha investigación.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha