O PSOE de Vimianzo carga contra Manuel Antelo e acúsano de mentir de novo

2 minutes read

A resposta da Agrupación Socialista de Vimianzo ante a negativa de Adiante Vimianzo desvinculando ao seu portavoz, Manuel Antelo, da presentación dunha denuncia contra Mónica Rodríguez, publicada en diferentes soportes, non se fixo esperar.

Desde a Agrupación Socialista de Vimianzo inciden en que «O voceiro de Adiante Vimianzo minte novamente, xa que non foi a Fiscalía a que denunciou directamente a Mónica Rodríguez», foi él o que iniciou o procedemento por “presunto delito de prevaricación administrativa”.

Extractos da denuncia enviados pola Agrupación Socialista de Vimianzo, onde figura como denunciante Manuel Antelo Pazos.

Comunicado emitido este venres pola Agrupación Socialista de Vimianzo

Manuel Antelo, voceiro do partido da oposición Adiante Vimianzo, volve protagonizar novamente un episodio do máis baixo da clase política, ao querer desvirtuar o traballo que tanto a alcaldesa como o seu equipo de goberno levan a facer desde 2019 cando entraron no goberno.
Unha vez máis, Antelo minte, xa que non foi a Fiscalía a que denunciou directamente a Mónica Rodríguez, foi él mesmo o que interpuxo a demanda por “presunto delito de prevaricación administrativa”.
Algo que, por outra banda, non nos resulta estrano na Agrupación Socialista de Vimianzo, acostumadas e acostumados a este tipo de manobras na sombra para tratar de desprestixiar, desequilibrar e deslexitimar un goberno e as súas accións.
Desde os inicios, nós avogamos por unha maneira de facer política moi alonxada do que estábamos acostumados a presenciar semanalmente na nosa Administración. Pero sempre desde o respecto, eso que nós aunamos tanto daquel lado como deste, e que cremos que por riba de todo, ten que ser o valor determinante.
Máis hai situacións e circunstancias que non podemos deixar pasar por alto. Contar cunha parte da oposición na corporación que ten as miras máis postas en destruír que en aportar solucións para o noso municipio cremos que xa fala por si mesmo. Estamos a atravesar unha das situacións máis complexas dos derradeiros 100 anos, e parece que interesan máis as facturas da contratación do alumeado de Nadal de fai dous anos que traballar, aportar e arrimar o hombreiro en favor da nosa veciñanza.
Ese é o camiño que nós decidimos emprender desde o pasado 2019, o camiño da ilusión, do traballo e da esperanza por construír un Vimianzo mellor. Lamentamos ter que sortear tantos obstáculos, máis deste calado, pero por fortuna somos un equipo que está unido nas boas, pero sobre todo nas malas. Que sexan outras e outros as que se retraten por sí mesmas e mesmos dos seus feitos, cheos de odio, rancor e vitimismo. Cheo de complexos de quen ansía o poder máis que nada no mundo.
O noso maior desexo sempre FOI; É e SERÁ construír un Vimianzo mellor.