O PSOE de Vimianzo culpa á «nefasta xestión de Manuel Antelo» da perda de 40.000 euros

Imagen de archivo PSOE Vimianzo

  • Unha sentenza en firme ditou que o despido dunha traballadora durante o mandato de Antelo non tiña «xustificación obxectiva e razoable»

No último pleno celebrado no concello de Vimianzo aprobouse unha modificación de crédito para, entre outros capítulos, aboar 40.815 euros á unha traballadora que leva sen exercer o seu cargo desde o ano 2016 pero que seguiu cobrando polo mesmo. Unha sentenza xudicial en firme ditou que o despedimento da normalizadora lingüística cando Manuel Antelo, de Adiante Vimianzo, estaba á fronte da Administración local non tiña «xustificación obxectiva e razoable».

Por este motivo, o Concello deberá agora pagar a esta persoa algo máis 40.000 euros correspondentes aos salarios de tramitación, á indemnización do despido e a contía da Seguridade Social. Un pago que deberá realizarse debido á «nefasta xestión» do anterior goberno, sinalan os socialistas.

Desde o PSOE vimiancés consideran que «non pode quedar no esquecemento este modo de xestionar os recursos públicos» e fan fincapé na importancia de separar a política e as capacidades dos traballadores municipais, xa que están «perfectamente cualificados para realizar as súas tarefas».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha