O PSOE de Vimianzo seguirá impulsando unha programación cultural continua

2 minutes read

Os socialistas de Vimianzo seguirán apostando por unha programación cultural forte, dinámica, accesible, continua e universal para os vindeiros catro anos de goberno. 

Establecer unha programación de apoio á creación local e producións de diferentes artes escénicas; crear un proxecto de residencias artísticas que xeren no Auditorio de Vimianzo un espazo de creatividade e produción e desenvolver accións para a conservación e difusión do patrimonio cultural do municipio, tanto o material como o inmaterial, son os puntos fortes do programa electoral do PSOE de Vimianzo en canto a cultura.

“Iniciativas como ‘A Costa da Vida’, ‘Primavera en familia’ ou todos os espectáculos que se deron durante o inverno foron un éxito entre a veciñanza. Sen dúbida, foi un traballo proposto polo equipo socialista para unir a nosa xente e as nosas parroquias, prioridades para o PSOE de Vimianzo”, sinala a alcaldesa e candidata, Mónica Rodríguez. 

“Todo o realizado estes últimos catro anos foi a favor de poñer en valor a nosa cultura, asociacións e talento local. Demostrar que no municipio temos moito que visibilizar neste eido e debemos seguir esta dinámica”, afirma a líder dos socialistas vimianceses.

O obxectivo da formación é ir máis aló de proxectar actuacións para días concretos e sempre no núcleo de Vimianzo; algo que se comezaron a facer durante esta lexislatura con programación deseñadas para as fins de semana de todo o ano e en diversas parroquias do municipio. “Vimianzo conseguiu ser un referente como figura da dinamización cultural en toda a Costa da Morte, un feito que se fixo realidade grazas a iniciativas que naceron do goberno socialista”, destaca Rodríguez. “Logramos que a cultura, o teatro, a maxia ou a danza se descentralizaran e se deran en diferentes parroquias do municipio porque ese é outro dos nosos obxectivos: conseguir que toda a veciñanza teña as mesmas oportunidades a nivel cultural e de cohesión social”, subliña a actual rexedora.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?