O PSOE de Vimianzo ‘teme’ un retroceso no diálogo institucional co novo candidato nacionalista

5 minutes read

O PSdeG-PSOE de Vimianzo, a través da Coordinadora Comarcal da Costa Atlántica e Secretaria Xeral da agrupación local, quere saír o paso ante as últimas informacións arroxadas nos medios de comunicación e páxinas de Facebook de carácter non oficial respecto á xestión do executivo municipal vimiancés.

Paula Mouzo sinala “temer” un retroceso no diálogo institucional, tras as melloras conseguidas neste aspecto coas representantes da nova corporación, ante os continuos e infundados ataques do novo candidato nacionalista.

“O esforzo diario sempre será por e para o noso municipio e a súa veciñanza, pero vémonos na obriga de facer un alto no camiño e saír o paso das declaracións do sr. Queiro para desmentir unha serie de bulos que se están a verter no relativo á nosa xestión”.

Mouzo sinala que “as declaracións do señor Queiro non só van contra o goberno municipal; tamén o fan cara as súas compañeiras e compañeiros de partido a nivel provincial, feito que evidencia a inconsistencia e inconsciencia das súas fundamentacións”.

Catastro, Carantoña e Castelo de Vimianzo

Sobre tres puntos desmentirán os socialistas de Vimianzo as informacións publicadas polo señor Queiro nos pasados días e transmitidas os medios de comunicación, nun claro intento de “desestabilización” e unha evidente “falta de información e deslealdade institucional”. Desde os socialistas de Vimianzo, lamentamos a “incapacidade” do candidato nacionalista para resolver calquera situación “teoricamente alarmante para el” desta maneira, atacando transversalmente sin ningún tipo de criterio.

Respecto o tema do Catastro:

  1. O procedemento de revisión foi iniciado de oficio pola Xerencia Territorial do Catastro, xamais iniciado polo Concello, quen nunca foi notificado de tal inicio de expediente.
  1. A Administración local xamáis pode rexeitar notificacións do Catastro, e menos frear un procedimento iniciado por este organismo. Este expediente simplificado non é unha revisión catastral, como a que se fixo no ano 2016. Nese ano, o que se realizou foi unha regularización de novas construcións, nada similar o procedemento actual.
  1. Ningunha lei establece a súa periodicidade e o propio Catastro ten a potestade de inicialo sen ter ou non consentimento da Administración local. A ponencia de valores do Concello de Vimianzo vixente é do ano 1993.
  1. No momento no que o Concello ten coñecemento, porque así o fan chegar veciños e veciñas, de que están a recibir notificacións do Catastro, aló por febreiro de 2022, inmediatamente se contrata unha empresa para asesorar e axudar a todas as persoas afectadas. Atendéronse preto de 5.000 consultas.

Sobre o Plan de adecentamento da contorna do Castelo:

  1. Antecedentes de feito: o candidato do BNG á alcaldía de Vimianzo acusa ó executivo local de “rexeitar unha subvención de 600.000 euros”, cando non existe proxecto, nin por ese importe nin outro, NON EXISTE PROXECTO.
  1. O daquel entón alcalde de Vimianzo non aporta nin expediente do proxecto completo en relación coa integridade que vén determinada pola normativa vixente (art. 233 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contrato do Sector Público e normativa técnica concordante).
  1. Non existe memoria con referencia á orde VIV/561/2010 nin documentos esixidos pola Lei, nin prego de prescricións técnicas particulares nin orzamento e medicións con prezos descompostos e cadro de prezos, todo isto sen prexuízo da obtención das autorizacións sectoriais necesarias e da titularidade dos terreos para a execución das obras, feito GRAVÍSIMO e que condiciona en primeiro grao a obtención desta subvención.
  1. O señor Queiro, lonxe de lanzar un ataque contra o presente executivo presidido pola alcaldesa Mónica Rodríguez, está evidenciando a inoperancia dos seus “colegas” fronte o goberno de Vimianzo durante 8 anos, non se sabe ben representando a que siglas.

Respecto a situación dos terreos de Carantoña:

  1. Antecedentes: a seis días dos comicios electorais de 2019, o goberno de Manuel Antelo anuncia a bombo e platillo a compra dos terreos en Carantoña para realizar o proxecto de acondicionamento e creación dunha plaza pública con aparcadoiros.
  1. Para elo, acada un acordo en Xunta de Goberno Local para unha Reserva de Crédito de 22.200 euros, sin a valoración dos terreos, os títulos nin as superficies. Electoralismo.
  1. Cando o actual executivo entra no goberno, descubre que o anuncio feito polo naquel entonces grupo Adiante Vimianzo era falso, xa que non se comprou ningún terreo. O único que se fixo é iniciar un expediente de reserva de crédito nun intento á desesperada de actuar, pero que viuse abaixo cos estudos encargados polo equipo presidido por Mónica Rodríguez.
  2. Tivo que ser o actual executivo o que encargase un estudo topográfico, xa que non coincidían os datos, falar novamente cos veciños e veciñas propietarios, as referencias catastrais non coincidían, os títulos de propiedade non figuraban, as medicións cos títulos de propiedade non coincidían… auténtico papel mollado que non pasou nin pola notaría.
  3. Mónica Rodríguez sinala que “en 2019 iniciamos o verdadeiro traballo, a meticulosa tarefa de facer coincidir os números para poder estar máis preto da realidade, do contexto real”, enfatizando que “é moi sinxelo colocar un titular a seis días das eleccións e facer unha reserva de crédito ao azar, unhas medicións estimativas e un auténtico tiro no pé coas cartas sobre a mesa”.
  4. Así, a primeira compra real e efectiva realizouse o 10 de xullo do 2022, un terreo adquirido en notaría e pagado co correspondente cheque; a segunda compra o 21 de xullo de 2022, un total de 16 fincas adquiridas en notaría e pagadas cos correspondentes cheques; e a última, o 25 de novembro de 2022, un total de 5 fincas adquiridas en notaría e pagadas co correspondente cheque. Faltan, a día de hoxe, 3 terreos para completar esa fase.
  5. En total, o gasto foi de 40.000 euros, é dicir, nin a Reserva de Crédito do goberno anterior se correspondía co importe necesario para completar a totalidade de terreos.

Por favor, basta de mentiras infundades, de informacións falsas que poñen en perigo a convivencia institucional da corporación de Vimianzo, que perxudican seriamente á veciñanza e que só son ataques infundados para desestabilizar as accións de goberno do equipo presidido por Mónica Rodríguez.

Pedimos, desde o grupo socialista de Vimianzo, contrastar a información antes de publicala, diálogo e colaboración institucional. O que está facendo o actual candidato do Bloque Nacionalista Galego é pegar tiros o aire por si soa a frauta, e “facer por facer” ante a inoperancia durante os últimos 12 anos dos seus compañeiros e compañeiras de grupo.