O PSdeG-PSOE de Vimianzo, a través da Coordinadora Comarcal da Costa Atlántica e Secretaria Xeral da agrupación local, quere saír o paso ante as últimas informacións arroxadas nos medios de comunicación e páxinas de Facebook de carácter non oficial respecto á xestión do executivo municipal vimiancés.
Paula Mouzo sinala “temer” un retroceso no diálogo institucional, tras as melloras conseguidas neste aspecto coas representantes da nova corporación, ante os continuos e infundados ataques do novo candidato nacionalista.
“O esforzo diario sempre será por e para o noso municipio e a súa veciñanza, pero vémonos na obriga de facer un alto no camiño e saír o paso das declaracións do sr. Queiro para desmentir unha serie de bulos que se están a verter no relativo á nosa xestión”.
Mouzo sinala que “as declaracións do señor Queiro non só van contra o goberno municipal; tamén o fan cara as súas compañeiras e compañeiros de partido a nivel provincial, feito que evidencia a inconsistencia e inconsciencia das súas fundamentacións”.
Catastro, Carantoña e Castelo de Vimianzo
Sobre tres puntos desmentirán os socialistas de Vimianzo as informacións publicadas polo señor Queiro nos pasados días e transmitidas os medios de comunicación, nun claro intento de “desestabilización” e unha evidente “falta de información e deslealdade institucional”. Desde os socialistas de Vimianzo, lamentamos a “incapacidade” do candidato nacionalista para resolver calquera situación “teoricamente alarmante para el” desta maneira, atacando transversalmente sin ningún tipo de criterio.
Respecto o tema do Catastro:
- O procedemento de revisión foi iniciado de oficio pola Xerencia Territorial do Catastro, xamais iniciado polo Concello, quen nunca foi notificado de tal inicio de expediente.
- A Administración local xamáis pode rexeitar notificacións do Catastro, e menos frear un procedimento iniciado por este organismo. Este expediente simplificado non é unha revisión catastral, como a que se fixo no ano 2016. Nese ano, o que se realizou foi unha regularización de novas construcións, nada similar o procedemento actual.
- Ningunha lei establece a súa periodicidade e o propio Catastro ten a potestade de inicialo sen ter ou non consentimento da Administración local. A ponencia de valores do Concello de Vimianzo vixente é do ano 1993.
- No momento no que o Concello ten coñecemento, porque así o fan chegar veciños e veciñas, de que están a recibir notificacións do Catastro, aló por febreiro de 2022, inmediatamente se contrata unha empresa para asesorar e axudar a todas as persoas afectadas. Atendéronse preto de 5.000 consultas.
Sobre o Plan de adecentamento da contorna do Castelo:
- Antecedentes de feito: o candidato do BNG á alcaldía de Vimianzo acusa ó executivo local de “rexeitar unha subvención de 600.000 euros”, cando non existe proxecto, nin por ese importe nin outro, NON EXISTE PROXECTO.
- O daquel entón alcalde de Vimianzo non aporta nin expediente do proxecto completo en relación coa integridade que vén determinada pola normativa vixente (art. 233 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contrato do Sector Público e normativa técnica concordante).
- Non existe memoria con referencia á orde VIV/561/2010 nin documentos esixidos pola Lei, nin prego de prescricións técnicas particulares nin orzamento e medicións con prezos descompostos e cadro de prezos, todo isto sen prexuízo da obtención das autorizacións sectoriais necesarias e da titularidade dos terreos para a execución das obras, feito GRAVÍSIMO e que condiciona en primeiro grao a obtención desta subvención.
- O señor Queiro, lonxe de lanzar un ataque contra o presente executivo presidido pola alcaldesa Mónica Rodríguez, está evidenciando a inoperancia dos seus “colegas” fronte o goberno de Vimianzo durante 8 anos, non se sabe ben representando a que siglas.
Respecto a situación dos terreos de Carantoña:
- Antecedentes: a seis días dos comicios electorais de 2019, o goberno de Manuel Antelo anuncia a bombo e platillo a compra dos terreos en Carantoña para realizar o proxecto de acondicionamento e creación dunha plaza pública con aparcadoiros.
- Para elo, acada un acordo en Xunta de Goberno Local para unha Reserva de Crédito de 22.200 euros, sin a valoración dos terreos, os títulos nin as superficies. Electoralismo.
- Cando o actual executivo entra no goberno, descubre que o anuncio feito polo naquel entonces grupo Adiante Vimianzo era falso, xa que non se comprou ningún terreo. O único que se fixo é iniciar un expediente de reserva de crédito nun intento á desesperada de actuar, pero que viuse abaixo cos estudos encargados polo equipo presidido por Mónica Rodríguez.
- Tivo que ser o actual executivo o que encargase un estudo topográfico, xa que non coincidían os datos, falar novamente cos veciños e veciñas propietarios, as referencias catastrais non coincidían, os títulos de propiedade non figuraban, as medicións cos títulos de propiedade non coincidían… auténtico papel mollado que non pasou nin pola notaría.
- Mónica Rodríguez sinala que “en 2019 iniciamos o verdadeiro traballo, a meticulosa tarefa de facer coincidir os números para poder estar máis preto da realidade, do contexto real”, enfatizando que “é moi sinxelo colocar un titular a seis días das eleccións e facer unha reserva de crédito ao azar, unhas medicións estimativas e un auténtico tiro no pé coas cartas sobre a mesa”.
- Así, a primeira compra real e efectiva realizouse o 10 de xullo do 2022, un terreo adquirido en notaría e pagado co correspondente cheque; a segunda compra o 21 de xullo de 2022, un total de 16 fincas adquiridas en notaría e pagadas cos correspondentes cheques; e a última, o 25 de novembro de 2022, un total de 5 fincas adquiridas en notaría e pagadas co correspondente cheque. Faltan, a día de hoxe, 3 terreos para completar esa fase.
- En total, o gasto foi de 40.000 euros, é dicir, nin a Reserva de Crédito do goberno anterior se correspondía co importe necesario para completar a totalidade de terreos.
Por favor, basta de mentiras infundades, de informacións falsas que poñen en perigo a convivencia institucional da corporación de Vimianzo, que perxudican seriamente á veciñanza e que só son ataques infundados para desestabilizar as accións de goberno do equipo presidido por Mónica Rodríguez.
Pedimos, desde o grupo socialista de Vimianzo, contrastar a información antes de publicala, diálogo e colaboración institucional. O que está facendo o actual candidato do Bloque Nacionalista Galego é pegar tiros o aire por si soa a frauta, e “facer por facer” ante a inoperancia durante os últimos 12 anos dos seus compañeiros e compañeiras de grupo.