O PSOE de Zas denuncia que o alcalde ‘non dá información veraz’ con respecto á fibra óptica

2 minutes read

Sheila Rial, voceira socialista en Zas, critica o que considera “desleixo e falta de interese” por parte do rexedor nacionalista Manuel Muíño, xa que este “nin sabía que se ía instalar a fibra óptica no municipio, chegando ao punto de confundir á empresa responsable”.

O alcalde de Zas impulsou recentemente mobilizacións dirixidas contra Telefónica para a instalación da fibra óptica na parroquia de Muíño, a pesar de que é coñecido que a empresa adxudicataria do Plan Único Banda Ancha 2022 e responsable do despregamento de banda ancha no municipio é Rede Aberta.

Para Rial, as actuacións dirixidas contra Telefónica, coa colocación dunha pancarta ou unha recollida de sinaturas, non foron “unha actuación acertada por parte do alcalde, xa que se estaba referindo a unha empresa que non é a encargada de realizar o despregamento”. “O que debería ter feito o Concello  é contactar con Rede Aberta e mediar para que trouxera a fibra”, explica.

“A actitude do alcalde non se corresponde cos intereses da veciñanza, senón que lles trasladou unha información errónea, e o fixo por interese propio, por saír nas fotos”, critica a voceira socialista. “Non todo vale”, remarca. A socialista quixo así mesmo “poñer en valor o despregamento de fibra óptica que fai o Goberno do Estado a través do Plan Único Banda Ancha, e o labor da subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, que se reuniu recentemente co Concello e coa empresa para tratar a situación”.

A empresa galega Rede Aberta, que forma parte dos proxectos de fibra dos fondos CEBF, é a adxudicataria dunha parte do programa Banda Ancha do ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital para extender a fibra óptica a todo o territorio da provincia de A Coruña.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?