O PSOE denuncia un recorte do 50% no servizo de recollida de voluminosos e do punto limpo en Muxía

  • O BNG tamén denunciaba o deplorable estado do punto limpo de Muxía e a súa contorna en xuño do 2024.

Os socialistas de Muxía veñen de recibir numerosas queixas dos veciños que explican que dende o concello, fan caso omiso ás chamadas para a recollida de voluminosos, donde lle explican que a lista de espera para este servizo está a día de hoxe entre un mes e medio e dous meses.

No grupo socialista, ante estas denuncias, descubriron que estos feitos «son consecuencia do novo recorte que acaba de facer o novo goberno da moción de cesura, liderado por Javier Sar, que decidiron facer un recorte do 50% do servizo de recollida pasando de ser semanal a só duas mañáns ao mes, e recortando tamén a apertura do punto limpo, o que está ocasionando un malestar na veciñanza, pois este servizo, págase por todos os contribuintes incluíndoo no recibo da basura como un extra, pero que co novo recorte, non se reflexará na factura.


Esta situación ven a ratificar o que os veciños e o grupo municipal socialista veñen denunciando dende principios do verán, donde todo o municipio estaba dando unha imaxe dantesca, con voluminosos e basura tirados ao lado dos colectores e nas portas das vivendas, e as rúas cheas de lixo e herbas, que se mantiveron nese estado durante toda a tempada de verán e que continúa a día de hoxe. Ademáis, os socialistas avisan que con este recorte, o problema será mais grave, pois acumularase máis retraso acabando coa paciencia da veciñanza.


Para os socialistas, este non ven a ser máis que «un novo recorte dos moitos que están facendo en servizos básicos e esenciais.
“Este é un novo exemplo do que é o novo goberno da moción de censura: recortes en servizos esenciais como limpezas, conserxería, inversións, mantemento pero aumento de gasto en festíns e lupadas. Temos un goberno como se non o tivésemos, un alcalde ausente, desaparecido e alonxado dos problemas dos veciños” comenta o portavoz socialista Iago Toba.

Demandas similares do BNG muxián no verán de 2024

O BNG de Muxía denunciaba en xuño de 2024 o estado de «abandono total e absoluto» no que se atopaban as instalacións do punto limpo. En toda a contorna había depositados residuos de todo tipo, plásticos, rodas, electrodomésticos, cristais, mobles e mesmo algún retrete. E nalgún caso, incluso invadindo a vía. A voceira nacionalista, Mercedes Barrientos, cualificaba de inadmisible esta situación, e máis tendo en conta que a parcela do punto limpo «lindaba co colexio dous Muíños».

Related posts

A Xunta suspende feiras, concursos e certames de gando ante a dermatose nodular contaxiosa

Malpica, concello pioneiro na implantación do sistema ‘Praia Pallet’ para a recollida de lixo mariño

Este domingo terá lugar en Cee o acto de clausura da XII Edición do programa O Mes da Fundación