O PSOE di que a condena dos ERE non afecta nin o Goberno nin a dirección do partido

O secretario de Organización do PSOE, José Luis Ábalos, afirma que o caso dos eres non é un caso do PSOE. Di que se depuraron responsabilidades aínda que recoñece, a sentenza é dura. «Non nos pode deixar indiferentes porque afecta a persoas que no seu día tiveron responsabilidades institucionais e orgánicas no PSOE. Pero estamos falando de feitos sucedidos entre 2000 e 2009, evidentemente este goberno e esta dirección política non estaban». A sentenza dos eres coñécese en plenas negociacións para conformar novo goberno, e as reaccións nas redes sociais van nesa liña. Pablo Iglesias, o líder de Unidas Podemos, recalca que España cambiou e non volverá tolerar a corrupción. 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha