A reforma da lei do ‘só si é si’ do PSOE saíu adiante no Congreso, como era previsible, cos votos do PP, o PNV e Cidadáns, e o rexeitamento de Unidas Podemos e outros aliados parlamentarios como ERC e EH-Bildu, entre outros. O Partido Socialista insistiu en que «non se toca nin unha coma» do consentimento e fala de cambios «técnicos», pero para Unidas Podemos e outros aliados supón un «retroceso» e unha «volta ao Código penal da Manada», mentres que o Partido Popular celebrou a «derogación» do ‘si é si’. A votación da proposición de lei socialista saíu adiante con 233 votos a favor, 59 ‘nons’ e catro abstencións. Ademais dos xa mencionados, votaron ‘si’ Coalición Canaria, UPN e o PdeCat, mentres que Vox non votou e JxCat abstívose.
27