O PSOE, ERC e Junts alcanzan un acordo para a lei de amnistía

O PSOE, Junts e ERC chegaron este mércores a un acordo sobre a lei de amnistía. Segundo indican os partidos nun comunicado, pecharon o pacto «mediante unha transacción única a partir das diferentes emendas que se mantiñan vivas» co obxectivo de «reforzar a lei» e aseguran que cobre a «todas as persoas vinculadas ao proceso independentista».

«É plenamente conforme coa Constitución, o dereito e a xurisprudencia europea e os mellores estándares internacionais», apuntaban.

Fontes de Junts indicaron que o texto incluirá os delitos de terrorismo e de alta traizón «adaptados a os estándares europeos e non ao código penal español». Igualmente, sinalaron que quedarían incluídos todos os acusados polo Tribunal de Contas polo presunto desvío de fondos públicos para a promoción exterior do referendo do 1-O.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha