O PSOE esixe a implicación da Xunta para acadar unha solución de futuro para Ferroatlántica

  • Xoaquín Fernández Leiceaga mantivo un encontro co Comité de Empresa das plantas de Cee e Dumbría.

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, esixiu a implicación da Xunta para acadar unha “solución de futuro” que pase por un plan de viabilidade para as plantas de Ferroatlántica en Cee e Dumbría. Logo dun encontro cos comités de empresa da empresa, que tivo lugar este mércores no Parlamento, comprometeu o apoio do Grupo Socialista e dos alcaldes e alcaldesas da comarca para esixir unha resposta do goberno galego para os traballadores da empresa.

O responsable socialista denunciou que a Xunta se manteña “ausente, sen dar información nin responder de requirimentos”, polo que esixiu “máis implicación da Xunta de Galicia” para defender á plantilla “con transparencia, información e unha xestión activa na busca dunha solución de futuro para as actividades de ferroaleacións” na Costa da Morte.

Anunciou que os socialistas levarán ao Parlamento a demanda ao goberno galego para que impulse un plan de viabilidade e investimentos dirixido a modernizar os fornos e garantir o futuro da empresa.

Lembrou que a situación da empresa, que segue a ser xestionada por Villar Mir en virtude do contrato de venta a Ithaka Partners, xera “preocupación e incerteza no Comité de Empresa”, o que “é compartido polo Grupo Socialista e polos alcaldes e alcaldesas socialistas da Costa da Morte”, que hai dous días mantiveron un encontro en Cee. Sinalou á “xestión que poida facer Ferroglobe polo que afecta ao nivel de actividade e o emprego na empresa”.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha