O Partido Socialista da Laracha, a través da súa portavoz municipal, María Palomi Rodríguez Castiñeira, presentará unha Moción ao próximo Pleno para pedirlle ao Goberno local a creación dun rexistro de pequenas e medianas empresas e persoas autónomas do Concello da Laracha, no cal poderían inscribirse as empresas interesadas con carácter facultativo, sen que en ningún caso poida resultar tal esixencia como obrigatoria. Conseguindo con isto establecer criterios de simplificación de trámites, evitando igualmente repeticións de acreditación documental innecesaria nos distintos contratos que se liciten, de acordo cunha das finalidades perseguidas pola Lei de contratos das administracións públicas. Ademais de que se puidese establecer unha base de datos informatizada coa documentación dos rexistrados que se podía utilizar para telos en conta en futuras contratacións dentro das posiblidades, así como ir actualizando a súa información neste rexistro municipal.
35