O PSOE larachés pide que a bandeira LGTBI ondee no Concello polo Día do Orgullo

Concello de A Laracha_GOOGLE MAPS

  • Os socialistas tamén apostan por actos seguros como exposicións fotográficos ou proxeccións de filmes

O grupo do PSOE en A Laracha, a través da súa voceira María Palomi Rodríguez Castiñeira, presentou unha batería de propostas con motivo da conmemoración do Día do Orgullo. Entre estas peticións destacan varios actos institucionais e accións de visibilización como colgar a banda arco iris, símbolo do colectivo LGTBI, na facha do Concello.

Os socialistas instan ao Goberno local a levar a cabo actos seguros como exposicións fotográficas e proxeccións de filmes vencellados a esta data. Tamén apostan por outras iniciativas de visibilización como a pintada de beirarrúas con témpera escolar ou dos bancos e pasos de peóns.