0
O parlamentario socialista Martín Seco leva á Comisión de Sanidade que se celebra este xoves, a partir das 10:30 horas, unha proposición non de Lei para reclamarlle á Xunta que garanta a continuidade do centro de educación especial Aspaber, en Carballo, para que os estudantes poidan continuar coa súa formación actual e as familias teñan no seu contorno vital un servizo básico para a conciliación da súa vida laboral e familiar.