Segundo afirman os socialistas a súa ausencia “obriga ás e aos pacientes a desprazarse aos concellos máis próximos cando necesitan deste servizo de forma presencial”. Esta pregunta será debatida na Comisión de Sanidade da Cámara.
Para a candidata socialista á alcaldía do municipio, Paloma Rodríguez, a ausencia do servizo enmárcase na tendencia xeral de “perda de capacidade asistencial de calidade pola saturación de profesionais, a ausencia de coberturas ante baixas e vacacións do persoal e a ausencia de coordinación e dotación de materiais axeitados” dado que aquí non vale a desculpa de que non hai farmacéuticos, os hai sen problema, matiza.
Ademais, destaca que “o labor dos profesionais de farmacia é moi importante nos centros de saúde ” con respecto á función de control de medicamentos e visado de receitas en pacientes polimedicados, con multipatoloxías e sobre todo no paciente fráxil”.
Ao non dispoñer de ningún profesional que controle contraindicacións, efectos adversos, desabastecementos ou o visado das receitas aos pacientes que o necesitan, Paloma Rodríguez lembra que “estes pacientes sofren retrasos para adquirir a súa medicación”, xa que “a súa receita non está visada con rapidez por carecer dese servizo farmacéutico”.
Ademais, a candidata socialista insiste en que “a maior parte deles son da terceira idade, polimedicados e algúns sen coche se tiveran que se desprazar. Esta carencia, engade, non só afecta á veciñanza da Laracha, senón “tamén a veciñas e veciños do resto da comarca”. A da Laracha é a “a única cabeceira de comarca de toda a provincia” nesta situación, destaca Rodríguez.
Por este motivo, dende o PSdeG-PSOE pregúntanse se o Goberno galego “valora prestar o servizo de farmacia de primaria para que poida estar dispoñible na Laracha”. Tamén inquiren sobre se lle consta ao Goberno galego “algunha reivindicación ou proposta trasladada dende responsables locais en nome dos veciños e veciñas de A Laracha”.