O PSOE muxián suma o apoio do BNG para aprobar o POS+2022

Concello de Muxía

  • O PP aínda non ten clara a súa decisión e alega que o rexedor non mantivo ningún diálogo para concretar o destino dos fondos

Muxía celebrará este mércores un pleno extraordinario (20:00 horas) no que o goberno local agarda sacar adiante o POS+2022, un plan de obras de máis de 800.000 euros no que «a meirande parte das intervencións están centradas na mellora do rural muxián», sinalan desde o executivo.

Tras unha sesión informativa celebrada este martes, o rexedor, Iago Toba, anunciou que o BNG apoiará este plan financiado pola Deputación no que «están recollidas todas as demandas e inquietudes da oposición». Unhas declaracións que non comparte a líder do PP, Sandra Vilela, que sinalou hai unhas semanas que o alcalde en ningún momento dialogou coa oposición para realizar o programa de obras e servizos, senón que os chamou cando «o proxecto xa estaba pechado».

Desglose das intervencións

A proposta do goberno local é a seguinte: 190.939 euros para construír rúas de formigón en Sorna, 45.000 euros para a mellora da rede viaria e de recollida de pluviais en Figueroa, 48.000 euros destinados á pavimentación e pluviais en Martineto, 107.000 euros para a segunda fase do saneamento e pavimentación en Frixe, 39.000 euros para acondicionar os accesos e pistas en Buiturón así como a mellora da saída de augas do núcleo e 59.000 euros que irán destinados á mellora da rede viaria en Bardullas.

O Plan de Obras complementario suma un total de 339.812 euros e destinaríase ao acondicionamento viarios en diferentes puntos da localidade así como a futura inclusión da depuradora de Quintáns. Ademais, de aprobarse este POS, o executivo destinaría máis de 80.000 euros en gasto social e unha partida 61.336 euros a gasto corrente.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha