O PSOE pide a construción dunha canle de eslalom de piragüismo no río Xallas, en Dumbría

A viceportavoz do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, reclamoulle este xoves á Xunta que incorpore aos Orzamentos para o ano 2024 a construción dunha canle de eslalom de piragüismo aos pés da central hidroeléctrica do Xallas, no Concello de Dumbría. Rodríguez Rumbo presentou unha pregunta oral en Comisión do Parlamento, na que criticou o desinterese do goberno galego por impulsar este deporte en Galicia.

“Se queren, poden” executar este proxecto, matizou Begoña Rodríguez, e acusou ao goberno galego de poñelo “no mesmo caixón no que teñen o remate da autovía da Costa da Morte”, anunciada por Feijóo en 2016 e da que nada se sabe a día de hoxe, concluíu.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha