O PSOE pide a inclusión do Casino carballés no Catálogo do Plan Xeral

Os socialistas presentaron unha moción para incluír o inmoble da Sociedade Cultural e Recreativa Bergantiños, coñecido como Casino de Carballo, no Catálogo de Protección do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Sosteñen que ao ser a súa construción anterior a 1926, o edificio cumpre cos requisitos fixados na Lei do Solo de Galicia, contando a maiores con informes técnicos e documentación administrativa que acreditan a súa antigüidade e uso continuo. Tamén se menciona o criterio da Xunta, que recoñece o valor dos casinos culturais e recreativos como espazos de sociabilidade históricos.

Related posts

O PSdeG esixirá que se realicen analíticas da auga na contorna afectada pola rotura da balsa de Monte Neme

Cee acolleu o acto de homenaxe a Concha Seoane, «a alma de Aspadex»

O Concello de Ponteceso impulsa a mellora integral da rúa Voluntariado, en Corme Porto, reforzando a rede viaria e o saneamento