O PSOE pide explicacións por contratar un familiar dunha concelleira do PP en Sogama Ponteceso

Punto limpio en Tella, Ponteceso

O PSdeG-PSOE Provincial da Coruña solicita a Sogama e á consellería de Medio Ambiente transparencia sobre o proceso de contratación na planta de transferencia de Sogama no polígono de Tella de Ponteceso, tras facerse público que unha das persoas contratadas é familiar dunha concelleira do Partido Popular de Ponteceso. 

Dende o PSOE Provincial sinálase a falta de transparencia que supón que unha empresa pública como Sogama contrate a un familiar dunha edil do PP de Ponteceso, tal e como denunciou en redes sociais unha das persoas que aspiraban a este mesmo posto.

Neste sentido, o PSOE local solicitará un pleno extraordinario para que o grupo de Goberno explique as razóns que levan a un familiar dunha concelleira de Ponteceso a ser contratado nesta planta dunha empresa pública. 

Os socialistas da provincia esixen transparencia nos procesos de contratación das empresas públicas, que non poden ser axencias de colocación de familiares do Partido Popular.

Dende o PSOE Provincial recórdase que Sogama é unha empresa pública, cuxa nova planta está financiada con fondos europeos ademais. Por iso, insisten en que os procesos de contratación deben realizarse coa publicidade e transparencia que corresponde.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha