40
Os socialistas galegos reivindicaron este domingo a historia do seu partido e insistiron en que Pedro Sánchez debe saír reforzado das urnas para garantir os avances sociais en España. Nun acto en Monforte, acompañado polo alcalde da vila e a Ministra de Sanidade en funcións, Gonzalo Caballero remarcou que o PSOE é un partido de xustiza social, e que «O PP está moi preocupado porque hai unha nova maioría social en Galicia e somos a forza do cambio».