O PSOE presenta alegacións contra os parques eólicos de Monteagudo e Pedra Queimada

1 minutes read
  • As liñas de evacuación terían un forte impacto nos valores ambientais, patrimoniais e paisaxísticos da contorna de Caión.
  • O Grupo Municipal Socialista da Laracha únese aos de Carballo e Arteixo para solicitar a retirada dos proxectos.

As agrupacións socialistas de Arteixo, Carballo e A Laracha, entenden que a Xunta debe rexeitar as solicitudes para a instalación destes parques eólicos. A portavoz socialista no Concello da Laracha, Palomi Rodríguez Castiñeira reclama, ademais, «transparencia» en torno a todo o proceso administrativo «para que os intereses da cidadanía prevalezan fronte ás aspiracións duns promotores que actúan con ánimo de lucro». Lembra, ademais, que a infraestrutura proxectada «pode provocar danos irreversibles en numerosos elementos patrimoniais arqueolóxicos e etnográficos», así como para certos espazos naturais de enorme valor.