O PSOE provincial coruñés celebra as becas aprobadas polo Goberno central

2 minutes read

O PSdeG-PSOE Provincial da Coruña celebra a aprobación no último consello de ministros do Real Decreto de Becas e Axudas aos Estudos, que eleva o umbral de renda para recibir a axuda nun 5%.

Este aumento permitirá que o número de becados para o curso 2024/2025 aumente en 30.000 alumnos a nivel estatal, 18.000 dos cales serán alumnado universitario.

Para Fabián Canosa, secretario de Educación da Executiva Provincial socialista, “continúan as melloras para o estudantado de España e da provincia”, pois este aumento de umbral de becas sumará no curso seguinte máis alumnado aos becados en cursos anteriores. No curso 2022/2023 na provincia da Coruña foron 25.930 os becados.

O importe investido en becas por parte do Goberno Central na provincia no pasado curso foi, polo tanto, de 78.343.646,33€, unha cifra que para Canosa “proba o fondo compromiso do Partido Socialista coa educación pública ao ancho e longo de toda España”.

Desa cifra, 29.000.414,59€ foron adicados a niveles non universitarios, mentres que 18.840.894,56€ foron para a alumnado da Universidade da Coruña e 30.502.337,18€ a alumnado da Universidade de Santiago de Compostela.

Agora, coa aprobación do novo Real Decreto, “non só haberá máis rapazada beneficiada, senón que boa parte desta verá aumentada a cuantía recibida, ao pasar dun umbral a outro”, apunta Canosa. “Ademais, a porcentaxe de discapacidade necesaria para que o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo acceda á beca redúcese do 33% ao 25%, de xeito que a rapazada con discapacidade moderada poderá beneficiarse tamén das axudas”, engade o socialista.

“En definitiva, confírmase que o Goberno de Pedro Sánchez segue na senda de avanzar na igualdade efectiva de oportunidades, apostando porque un maior número de familias poidan obter axudas para a formación dos seus fillos e fillas”, conclúe.