O PSOE recorta distancias co PP e Vox afúndese segundo o CIS

Aínda que os populares seguen na cabeza, caen sete décimas mentres os socialistas soben medio punto. A distancia entre ambos, que hai un mes era de 2,6 puntos queda agora en 1,4, no último barómetro do CIS do ano. A entrega do CIS tamén recolle a desfeita de Vox. O partido acaba o ano co seu peor dato, por baixo da barreira do 10%. Eso permite a Sumar reter con comodidade a terceira praza sen experimentar ningunha variación respecto a novembro. A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, volve ser a mellor valorada, segundo o CIS. A líder de Sumar pasa do 4,29 ao 4,46 en decembro. Pedro Sánchez dúas centésimas, pasa do 4,31 ao 4,29, e mantense na segunda praza. Alberto Núñez Feijóo volve á espiral descendente. Despois de ser o mellor valorado en novembro cunha nota do 4,45, agora cae ao 4,14 e pasa á terceira praza. De feito, está preto de volver ás súas peores valoracións desde que accedeu á presidencia do PP. Santiago Abascal repite como político peor valorado e suma unha caída na súa nota. Pasa do 3,03 de novembro ao 2,78 de decembro.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha