A vicesecretaria xeral do PSOE e ministra de Facenda en funcións, María Jesús Montero, recriminou ao PP o seu «chamamento ao transfuguismo» despois de que o dirixente ‘popular’ Borja Sémper apelase a un posible apoio de deputados socialistas á investidura de Alberto Núñez Feijóo. Ademais, considerou que a investidura «fake» do líder ‘popular’ é unha «fuxida cara adiante» para pospoñer a crise interna do seu partido. Para Montero, a investidura de Feijóo é o «terceiro fracaso que o PP se nega a asumir». Neste sentido, lembrou que «ten un teito de 172 votos» e atribuíu a falta de apoios a que «se adicou este tempo para insultar e a tachar de anticonstitucionais aos demais grupos». Por eso, considerou que «é unha pérdida de tempo absoluta». «Saben que non lles dan os números. Esta investidura é unha escusa para restrasar a crise interna que necesariamente vai vivir o PP», concluíu.
47