O PSOE supera en vantaxe electoral ao PP en 9,1 puntos, segundo o CIS

dpm.

O barómetro de setembro do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) sitúa con 9,1 puntos de vantaxe electoral ao PSOE sobre o PP, ao apuntar un voto estimado para os socialistas do 29,6 por cento, dous puntos máis ca no barómetro de xullo, mentres que rebaixa o PP ao 20,5 por cento. Por outro lado, Vox mantén a súa terceira posición e sobe ata o 13,8 por cento (dúas décimas máis), en tanto que Unidas Podemos se sitúa no 11,3 por cento de voto estimado con sete décimas máis, e tamén crece Ciudadanos, ao gañar un punto e conservar o quinto posto co 5,5 por cento. Ademais, segundo a estimación de voto calculada polo CIS, o BNG obtería o 0,5 por cento dos votos totais.