O PSOE ve «inviable» a coalición con Podemos

1 minutes read

Unidas Podemos move ficha, pídenlle ao PSOE volver a negociación no punto no que estaba o 25 de xullo, cando os socialistas si estaban de acordo en negociar unha coalición. No seu documento, os de Pablo Iglesias propoñen unha batería de medidas baseadas no acordo presupostario asinado no seu día entre os dous líderes. E ofrecen catro fórmulas de participación no executivo, todas elas cunha vicepresidencia de dereitos sociais e 3 ministerios con distintas combinacións. Pero o PSOE xa rexeitou a proposta. Cren que a investidura fallida evidenciou que a coalición é inviable e invitan a Unidas Podemos a atopar outras fórmulas para ter un goberno progresista.