O PSOE volvería a gañar unhas eleccións xerais, segundo o CIS

El presidente del Gobierno, Pedro Sánchez
  • O PP é o partido que máis medrou con respecto á anterior sondaxe, cunha estimación de voto do 21,2%

O PSOE volvería a gañar unhas eleccións a nivel nacional de celebrarse os comicios nestes días. Así o aventura o último barómetro do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS), correspondente ao mes de xullo, no que se pon de manifesto que os socialistas obterían una estimación de voto do 32,1% (nove décimas máis que no mes anterior), seguido do Partido Popular, cun 21,2%, sendo o partido que máis medra xa que na anterior sondaxe contaba cunha estimación do voto arredor do 20%.

Unidas Podemos seguiría na terceira posición co 12,1% (en xuño contaba cun 11,4%); mentres que Vox e Ciudadanos serían os partidos máis castigados, cunha estimación de voto dun 11,6% (case un punto menos con respecto a xuño) e dun 8,8% (contaba cun 9,4%) respectivamente, segundo o CIS.

Estes resultados proceden do primeiro barómetro realizado despois da fin do estado de alarma, para o cal se realizaron 3.032 entrevistas telefónicas, cunha marxe de erro dun 1,8%, entre o 1 e o 9 de xullo.

Valoración dos líderes políticos O barómetro tamén mostra a nota que conseguiron en xuño os principais líderes políticos durante a xestión da crise sanitaria. Na punta do iceberg atópase de novo o presidente de Goberno, Pedro Sánchez, que aproba cun 5,1 segundo o CIS.

Ségueno Inés Arrimadas, a líder de Ciudadanos, cun 3,9 e o líder de Podemos, Pablo Iglesias, quen tamén repite a nota do mes pasado, 3,7.

Un 3,4 é a nota que alcance o presidente do PP, Pablo Casado, mentres que o líder de Vox, Santiago Abascal, sobe ata o 2,5.