Patxi López, voceiro do PSOE no Congreso, xustificou este martes por que o seu grupo decidiu rexistrar a lei de amnistía en solitario: «Pensamos que xa era o momento (…) que non tiñamos que marear máis a perdiz», afirmou nunha rolda de prensa na Cámara Baixa, na que asegurou que o fan «convencidos» de que servirá para «reforzar a convivencia», aínda que son conscientes de que é un instrumento «moi arriscado». Ao terminar a Xunta de Voceiros, López explicou sen entrar en máis detalles os motivos que levaron ao PSOE a rexistrar a proposición de lei sen a firma dos seus socios parlamentarios de Sumar, Junts, ERC, EH Bildu, PNV e BNG, a pesar de que estaban dispostos a unirse. «Presentámola o socialistas pero coa garantía de que o resto de grupos parlamentarios que van apoiar a formación de goberno van apoiar tamén esta lei», recalcou.