- Tampouco funcionará a recollida de voluminosos
Debido ao cambio da empresa concesionaria da xestión do punto limpo da Laracha, durante a vindeira semana estas instalacións permanecerán pechadas e tampouco haberá recollida de voluminosos. Cogami, a nova empresa encargada destes servizos a través do seu centro de emprego Coregal, realizará unha posta a punto de todos os equipamentos antes de poñelos en marcha.
Unha vez restablecido o servizo coa nova xestión, os horarios de apertura do punto limpo serán os mesmos dos últimos anos: os luns de 15:00 a 20:00 horas, os mércores e venres de 16:00 a 20:00 horas e os sábados de 09:00 a 14:00 horas.
A recollida de voluminosos tamén volverá estar operativa de xeito similar, aínda que variarían tanto o teléfono como o correo electrónico de contacto para solicitar este servizo gratuíto para a cidadanía larachesa. Ambos datos faranse públicos co regreso do servizo.
O contrato tamén inclúe a implantación de colectores de recollida de aceites domésticos que serán situados nos próximos días en puntos estratéxicos das vilas da Laracha, Paiosaco e Caión, así como na urbanización Monte Claro de Cabovilaño.