Tras a tímida choiva do inicio da campaña, Baio estivo a rebosar de público da mañá á noite. A nova edición da iniciativa Punto Rojo, posta en marcha polo Concello de Zas, coincidiu coa feira dominical, contribuíndo a unha sinerxia comercial extraordinaria na vila. Para facilitar o percorrido polas máis de 50 tendas colaboradoras no evento un tren turístico percorreu as rúas de Baio con paradas na Cafetería Montreux, Cervecería Río Grande, Casa Rogelio, Vístete Moda, Calzados Paco, Pizzería Venecia, e Restaurante A Lareira. Para entretemento dos máis pequenos houbo inchables e moitas actividades infantís de balde na Praza Jorge Mira Pérez. Rebaixas nas tendas e pinchos nos bares fixeron as delicias dos asistentes. Ademais todas as compras realizadas nos locais participantes entran nun sorteo de 1.000€ en vales de 200€. Punto Rojo, unha cita para non esquecer; unha cita para repetir.
0