O Racing de Ferrol volve ser de Prata 15 anos despois

1 minutes read

Ferrol viviu este sábado un dos seus grandes días. A cidade envorcouse por completo para gozar do posible ascenso do Racing. O equipo ferrolán tivo que suar para bater a un Celta B que se conseguiu meter nos playoffs de ascenso. Foi o futbolista catalán Jaume Jardí o heroe da contenda na Malata cun dobrete na recta final do choque, e que permitiu que o soño se fixese realidade. Ao Racing valíalle tamén igualar o resultado do Alcorcón, pero os madrileños non fallaron na casa e gañaron por 2-0 ao San Sebastián de los Reyes en Santo Domingo. Así, os de Cristóbal Parralo estaban obrigados a conseguir a vitoria. O Celta estaba con 10 e aproximouse con perigo nos minutos finais, pero xa non sería capaz de penetrar a porteria local.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?