O RC Deportivo saca un punto ante o Guijuelo 0-0

As novidades na aliñación co regreso de Bóveda e Salva aos laterais, de Celeiro ao centro da zaga e a estrea de Galán e Miku como titulares. A primeira suplencia de Bergantiños na tempada completaba o quinteto de elementos novos dun partido que empezou con case dez minutos de tenteo entre ambos os contendentes. O Deportivo logrou ante o Guijuelo (0-0) un punto que, visto o visto sobre o terreo de xogo, era o mellor ao que podía aspirar o cadro coruñés. Só compareceu os primeiros 15 minutos, para despois abandonarse á sorte do que puidese facer un rival que mostrou moitas gañas pero pouco acerto nos metros finais. O mellor, o resultado e manter a imbatibilidade fóra de casa.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha