O Real Club Náutico da Coruña recibe o selo Galicia Calidade

1 minutes read

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e a xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, visitaron o Real Club Náutico da Coruña, onde realizaron o izado da bandeira de Galicia Calidade, coa que se recoñece a súa localización, equipamento e a excelencia dos seus servizos.

O encontro serviu tamén para informar aos responsables da entidade das diferentes liñas de actuación previstas para este ano da marca dependente da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, así como para recoller as súas opinións, suxestións e achegas.

Na actualidade, xa son 14 os clubs náuticos galegos certificados con esta marca de garantía e que, xunto con hoteis, restaurantes e casas rurais, suman máis de 50 establecementos turísticos amparados baixo este selo.