O Real Madrid conquista a súa décimo cuarta Champions League


O Real Madrid conquistou a súa décimo cuarta Copa de Europa ao derrotar ao Liverpool na final da Champions League grazas a un gol de Vinicius Jr. que, unido a unha gran actuación de Thibaut Courtois baixo paus, acabaron co equipo de Jurgen Klopp. Desta forma, Carlo Ancelotti converteuse no primeiro técnico da historia en gañar catro Champions. De fronte, un Liverpool vertical e avasallador que se topou unha e outra vez coas luvas dun Courtois ‘impenetrable’. No último minuto do primeiro tempo, o Real Madrid viu como lle anulaban un gol a Benzema por fóra de xogo, despois dun longo estudo no VAR. O único gol válido do partido e que decantou a final, chegou cando o brasileiro Vinicius rematou á rede un centro-chute do uruguaio Fede Valverde e levou a tolemia ao vestiario branco.

Incidentes

A final viuse embazada polas escenas dantescas vividas antes do inicio do partido, que empezou cón máis de media hora de atraso, incluído o lanzamento de gases lacrimóxenos, para evitar que afeccionados coásense no campo. Tamén houbo roubos a afeccionados, agresións e, en definitiva, unha alarmante falta de seguridade e control levaron ao atraso do encontro, algo inédito no fútbol moderno. O desastre foi tal que houbo afeccionados que tiveron que esperar máis de dúas horas nas colas de Saint Denis, mentres outros trataban de entrar en tromba no estadio saltando os valos agredindo ao persoal de seguridade.