O equipo branco foi claramente superior ao seu rival na final xogada na mañá deste domingo ante o Atlétic de Bilbao, e por un resultado contundente de 7-1 axenciouse o título deste torneo. Houbo un gran ambiente nas gradas de As Eiroas, onde ao final animaron aos participantes na entrega de trofeos que presidiron o alcalde, Evencio Ferrero, o concelleiro de Deportes, Marcos Trigo, (ambos en funcións), así como o presidente do Bergantiños, Luciano Calvo Pumpido. Tras este resultado de campión e subcampión, o restos dos equipos quedaron da seguinte forma: Deportivo, Celta, Pabellón Ourense, Xuventude Oroso, Lugo, Oporto e Bergantiños Cen. Esta 17ª edición do torneo internacional de fútbol sub-12 Concello de Carballo estivo organizado polo propio Concello xunto coas Escolas Luis Calvo Sanz.
40