32
O Real Madrid proclamouse campión da Copa do Rey 2023 tras vencer este sábado ao Osasuna por 2-1 na final disputada en Sevilla. Esto supón a vixésima Copa para os madridistas e a segunda final perdida para os navarros en toda a súa historia. Para os brancos, algo superiores, houbo dobrete de goles de Rodrygo Goes e unha actuación moi destacada de Vinicius Júnior. Lucas Torró deu esperanzas aos navarros cun gol que supuxo un empate durante uns minutos. O Osasuna marchábase da final coa cabeza alta despois de pelexar polo título, que se lle escapou por segunda vez na súa historia. Empezou moi pronto o seu mal fario, aos dous minutos.