Aínda non está preparado. O Real Madrid prosegue a súa posta a punto nunha pretemporada na que suma actuacións por baixo do esperado. Un clamosoro fallo de Marcelo que permitiu ao inglés Kane plantarse só ante Keylor Navas e bater ao costarriqueño resume á perfección os despropósitos dunha entidade que parece descoñecida. O equipo ‘merengue’ perdeu por 1-0 goles, contra o Tottenham Hotspur, e quedou fóra da final da Copa Audi, en Múnic. Ata o momento, Zinédine Zidane parece non dar coa tecla para que os ‘brancos’ mostren a mellor cara. Os máis críticos piden novas fichaxes. Namentres, ‘ Zizou’, pide calma.