O rei advertiu que ‘unha sociedade dividida non avanza’

1 minutes read

Na súa tradicional mensaxe de Nadal, o rei Felipe VI mostrou a súa preocupación pola «deterioración» da convivencia», a «división» e a «erosión» dunhas institucións que chamou a fortalecer» para que exerciten as súas funcións con «colaboración leal», con «respecto á Constitución e ás leis», e para que «sexan un exemplo de integridade e rectitude». Ademais, pediu non deixar «debilitar» nin «caer no esquecemento» os principios, os fundamentos e o «espírito que viu nacer» a Constitución que representa, ao seu xuízo, «a unión que asegura estabilidade, cohesión e progreso». «É o noso maior patrimonio», engadiu.