O Rei chama ao diálogo e a manternos unidos

Na súa tradicional mensaxe de Nadal, Filipe VI sinalou que, xunto a problemas globais que preocupan a España, hai outros específicos do país como a deterioración da confianza de moitos cidadáns nas institucións e, «desde logo», Cataluña. Apelou á vontade de entendemento e de integrar as diferenzas dentro do respecto á Constitución, que precisou que recoñece a diversidade territorial e preserva «a unidade que nos dá forza». Instou a manterse unidos nos valores democráticos que comparten todos os españois para resolver os problemas sen divisións nin enfrontamentos que cre que só erosionan a convivencia e empobrecen o futuro.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha