O Rei cita aos líderes políticos para saber se é posible unha investidura


  • O Rei reunirase cos diferentes representantes políticos os próximos días 16 e 17 deste mes

Sen ningún arranxo de cara a unha posible investidura de esquerdas, e coa incertidume de se haberá ou non novas eleccións a nivel nacional, o Rei Filipe VI citou a todos os representantes dos grupos políticos no Congreso para coñecer que podería acontecer no ámbito político, se finalmente Unidas Podemos e o Partido Socialista chegarán a un acordo, ou se hai marxe para a investidura doutro candidato.

Os próximos días 16 e 17, luns e martes respectivamente, será cando se produzan esas reunións entre o Rei e os demais líderes políticos, as cales formarán a segunda rolda de contactos despois da que tivera lugar nas eleccións do mes de abril.

Polo momento, Pedro Sánchez segue sen contar cos apoios necesarios para ser o presidente oficial do país, polo que non se descarta a posibilidade de que Filipe VI disolva as Cortes e convoque de novo eleccións.