O rei Felipe VI inaugurou en Santiago o I Congreso Mundial Xacobeo

  • Felipe VI anunciou que volverá a Galicia o vindeiro 25 de xullo para realizar a tradicional ofrenda ao Apóstolo.

No Pazo de Fonseca, en Santiago de Compostela, o monarca salientou que «o peregrino pode camiñar só, pero sentíndose parte dunha comunidade que o axuda e alenta» e agradeceu, en galego, «o esforzo e boa resposta do pobo galego» ante a pandemia. Segundo dixo, estes tempos difíciles «requiren inspirarse nos Camiños que uniron Galicia e toda España», porque «malia as fronteiras, os conflitos e as ideoloxías opostas, existe un substrato común» que explica a atracción do Camiño. No acto tamén participou a ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que coincidiu co rei en que os valores do Camiño son «os mesmos que deben unir todos os españois».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha