O Rei Felipe VI, presidiu en Boqueixón á conmemoración do Día Internacional dos Bosques


O rei Felipe VI presidiu en Boqueixón o acto central do Día Internacional dos Bosques, que organiza “Juntos por los Bosques”, nunha xornada na que coñeceu os traballos forestais, de silvicultura e de aproveitamento dos montes galegos, cunha visita ás plantacións forestais nas que desenvolvían tarefas de poda e de tala. No Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude, en Boqueixón, estivo acompañado do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, do delegado do Goberno, Javier Losada, do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices e do conselleiro do Medio Rural, José González, entre outras autoridades. O monarca interesouse polos traballos e subiuse nun dos vehículos utilizados para póda e corte dos troncos, acompañado do operario encargado, que lle explicou como se desenvolvían as tarefas.