O rei Filipe VI asiste en Panamá á toma de posesión do presidente Cortizo

0 minutes read

O rei Filipe VI destacou a abertura ao mundo de Panamá e a importancia das boas relacións entre España e Iberoamérica. O Rei terá tempo para entrevistarse co presidente electo Laurentino Cortizo e tamén acudir a un encontro con emigrantes españois en Panamá, a maioria deles Galegos..

E nesa investidura de Laurentino Cortizo o máximo representante español será o rei Filipe VI, que chegou de madrugada e foi recibido no aeroporto polas autoridades locais. Xunto co monarca viaxou tamén o ministro de Asuntos Exteriores, Josep Borrell.